Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que as contas da Xunta para a Mariña “son as máis pobres da historia da Autonomía”

Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS DIN QUE AS CONTAS DE FEIJOO PARA A COMARCA DA MARIÑA LUGUESA “SON AS MAIS POBRES DA HISTORIA DA AUTONOMÍA”

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego denuncia tampouco aparece reflexado unha partida para o “Plan Director para ampliación do Hospital da Costa”, e advirte que so aparece unha partida para reformas “suponse que será para continuar co desmantelamento que iniciaron cando chegaron ao Goberno da Xunta”

-Afirma que as actuacións mais relevantes para a zona é unha partida de 700.000 euros para financiar as desfeitas dos promotores en Barreiros

-Advirte que a única afección para os cidadáns da Mariña dos presupostos da Xunta para o ano 2012 “é o incremento do recibo na auga a partir do 1 de xaneiro do 141%”

-Rego dixo que nos orzamentos non aparece reflexado ningún dos compromisos anunciados por Balseiro e outros responsables do PP para a Comarca da Mariña

Foz (Lugo), 22 de outubro de 2011. O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego dixo hoxe en rolda de prensa que os orzamentos do Goberno de Feijoo para a comarca da mariña luguesa son as mais pobres para a Comarca da Historia da Autonomía, ata o punto de que rebaixa un 14%, os do ano 2011. Dixo que son discriminatorios coa Comarca, incluso, dentro dos investimentos previstos para a provincia de Lugo, xa que A Mariña supón o 22% da poboación de toda a provincia e so 8% da previsión dos orzamentos de Feijoo.

Rego, que compareceu ante os medios de comunicación acompañado de alcaldes, portavoces municipais e deputados provincias do PSOE, dixo que nos orzamentos de Feijoo “non aparece reflexada ningunha actuación nin proxecto relevante para a Comarca”. E denuncia que se reduce drasticamente a programación orzamentaria dos orzamentos do ano 2011.

O deputado puxo como exemplo dos recortes de Feijoo na partida do Corredor Ferrol-San Cibrao que tiña unha previsión orzamentaria para o ano 2012 nos orzamentos do 2011, e agora so aparecen 5 millóns de euros, e di “que non chegan para rematar nos prazos previstos o tramo Celeiro-San Cibrao”, ou mesmo o aceso ao Porto de Burela, donde o ano pasado recollían 200.000 euros, e asegura “que non gastaron nin un so euro, e este ano recollen 20.000 euros, remitindo a maioría da financiación das obras para os anos 2015 e seguintes”.

A maiores denuncia que nas contas autonómicas tampouco aparece reflexado unha partida para o “Plan Director para ampliación do Hospital da Costa”, e advirte que so aparece unha partida para reformas “suponse que será para continuar co desmantelamento que iniciaron cando chegaron ao Goberno da Xunta”.

Afirma que as actuacións mais relevantes para a zona é unha partida de 700.000 euros para financiar as desfeitas dos promotores en Barreiros.

Advirte que a única afección para os cidadáns da Mariña dos presupostos da Xunta para o ano 2012 “é o incremento do recibo na auga a partir do 1 de xaneiro do 141%”, espetou.

Rego dixo que nos orzamentos non aparece reflexado ningún dos compromisos anunciados por Balseiro e outros responsables do PP para a Comarca da Mariña.

Exit mobile version