Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE explica que a iniciativa do PP para un porto deportivo e mariña seca en San Cibrao non conta con previsión orzamentaria

Nota de prensa
ISMAEL REGO ACUSA AO PP DE FACER ANUNCIOS MEDIATICOS SOBRE O PORTO DEPORTIVO DE SAN CIBRAO, XA QUE ASEGURA QUE DESPOIS NON SON LEVADAS A CABO POQUE NON CONTAN CON PREVISIÓN ORZAMENTARIA

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego acusou ao PP de promover a aprobación dun brindes ao sol no Parlamento, similar ao acontecido no seu día coa xa famosa Goleta

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 8º do Parlamento para defender unha emenda na que reclamaba un compromiso de programación orzamentaria para a construcción do Porto deportivo, e da Mariña seca de San Cibrao Esta proposta foi rexeitada polo PP.

O deputado socialista Ismael Rego acusou ao PP de promover a aprobación dun brindes ao sol no Parlamento, similar ao acontecido no seu día coa xa famosa Goleta.

Rego lamentou na súa intervención que os responsables do PP so se adiquen a face anuncios mediaticos sobre actuacións que despois non son levadas a cabo, xa que non contan con respaldo orzmanentario algún. Por iso puxo como exemplo como o caso do anunciado porto deportivo e agora a mariña seca. Sinala que ámbolos dous casos non contan con ningún tipo de previsión orzamentaria, nin vontade do Goberno de Feijoo de programala como quedou demostrado na votación producida no Parlamento.

O parlamentario explica que a pesar de todo dende o PSdeG-PSOE apoiamos a iniciativa do PP aínda despois de considerala como unha tomadura de pelos aos cidadáns , a través dun nítido brindes ao sol parlamentario.

Exit mobile version