Site icon Crónica3.com A Mariña

O tenente de alcalde de Burela di que non se pode ir aos plenos e pedir dimisións sen aportar alternativas

Nota de prensa

FERNÁNDEZ VALLE AFIRMA QUE O PSOE VOTOU A FAVOR DA ACTUALIZACIÓN DAS ORDENANZAS CO IPC NA COMISIÓN INFORMATIVA E DESPOIS CAMBIOU NO PLENO. O PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE TILDA DE INCOHERENTE A POSTURA DOS SOCIALISTAS E AFIRMA QUE ALFREDO LLANO NON PREPARA OS PLENOS.Burela, 31 de outubro de 2011. O primeiro tenente de alcalde burelés e portavoz do grupo popular, Manuel Fernández Valle, afirmou hoxe, en relación co pleno celebrado o pasado mércores no que se acordou a actualización de certas ordenanzas en función do Índice de Prezos ao Consumo, que “o PSOE votou a favor na comisión informativa celebrada o pasado venres día 21, tal e como consta na acta correspondente, e despois votaron en contra no pleno”.Segundo Fernández Valle, “esta postura pode ser cualificada con múltiples adxectivos, pero cando menos é incoherente”. O edil popular considera que “o portavoz socialista debe dar as explicacións oportunas aos cidadáns por semellante postura, o que demostra que Llano non prepara os plenos”. O portavoz do grupo popular e primeiro tenente de alcalde cre que “esta persoa di as cousas por dicilas, pero sen pensalas; xa actuou así nestes catro anos anteriores, e a verdade é que agora os plenos demostran a evidencia, que onde non hai non se pode sacar”.O tenente de alcalde burelés considera que “non se pode vir aos plenos e pedir a dimisión do alcalde, non dar ningún tipo de alternativas, e non facer ningunha proposta concreta. O grupo socialista ten cinco concelleiros, cobran unha asignación por asistencia a plenos e comisións e unha asignación por grupo político, e polo tanto teñen a obriga de traballar, aínda que sexa algo”.

Exit mobile version