Site icon Crónica3.com A Mariña

O urbanismo que o PP quere exportar é o urbanismo de Barreiros, un urbanismo ilegal, asegura o BNG

Nota de prensa

TÁBOAS: “O URBANISMO QUE O PP QUERE EXPORTAR É O URBANISMO DE BARREIROS, UN URBANISMO ILEGAL ”

A deputada do BNG defendeu unha Proposición non de lei, ao fin de anular o convenio de colaboración de Barreiros e dedicar eses fondos públicos a políticas de rehabilitación de vivendas

Santiago de Compostela, 11 de outubro, 2011.-Pleno. A portavoz de urbanismo do BNG, Teresa Táboas defendeu hoxe, na sesión plenaria que se está a celebrar na Cámara galega, unha iniciativa para anular o convenio da Consellaría de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas que permitirá a dotación de equipamentos no concello de Barreiros.

A iniciativa nacionalista, rexeitada polo Partido popular, tamén reclamaba destinar a partida económica consignada ás políticas de rehabilitación de vivendas.

Na súa intervención, Táboas acusou ao Partido popular de apostar por un urbanismo como o utilizado no concello de Barreiros do que dixo- “non cumpre a lei” e explicou que a “súa ilegalidade” vén xustificada pola normativa pola que declara que todos os servizos básicos dos asentamentos xurdidos ao marxe do planeamento, “deben ser asumidos polos promotores e propietarios e non polas institucións”.

Táboas cualificou de “machada” do urbanismo galego o acontecido no Concello de Barreiros e dixo que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confírmao dándolle a razón ao goberno bipartito nos recursos presentados contra as licencias concedidas neste concello.

A nacionalista denunciou que moitos dos núcleos tradicionais do concello non contarán con servizos como os que agora se pretende dotar ás construción con licencias ilegais, “ están pillados” –afirmou- ao igual que “coas caixas, a lingua ou o territorio”.

A parlamentaria do BNG insistiu na necesidade de anular un convenio que –ao seu xuízo- só pretende tapar con “recursos públicos” os problemas que o propio Partido popular creou.

Táboas concluíu manifestando que os recursos públicos do convenio da Xunta co Concello de Barreiros deben ser utilizados na rehabilitación de vivendas para consolidar “o pouco que nos queda do noso patrimonio”.

Exit mobile version