Site icon Crónica3.com A Mariña

Os novos múltiples de TDT permitirán mellor cobertura para Burela e Cervo

Nota de prensa:
O INICIO DAS EMISIÓNS DOS NOVOS MÚLTIPLEX DE TDT DE BURELA PERMITIRÁ ACHEGAR A OFERTA COMPLETA DE TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE A PRETO DE 6.000 PERSOAS DE BURELA E CERVO

Marca TV ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT
Esta actuación forma parte do Plan da Xunta de Galicia da homoxeneización de coberturas, que, nestas semanas, está a acender 65 centros emisores cos novos múltiplex

Santiago, 26 de outubro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro emisor de televisión de Burela, prevista para mañá xoves día 27, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 6.000 persoas dos concellos de Burela e Cervo na provincia de Lugo, así como a outras en concellos limítrofes.

Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:

Canle 47: TVEHD, TDP (Teledeporte)
Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV

O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plano da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que, durante os meses de setembro e outubro, acenderá 65 centros emisores cos novos múltiplex. Este plano está cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -981 572 154- ou na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.

A continuación, bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.

Exit mobile version