Nota de prensa
Os 5 parques do Consorcio Provincial de Bombeiros superan as 200 intervencións na provincia dende a súa posta en marcha
– Dende o 1 de maio e ata o 30 de setembro, o complexo de Barreiros rexistrou 50 emerxencias, o de Vilalba 52, Viveiro 25, Sarria 55 e Chantada 33
– Da totalidade das actuacións, 134 foron incendios, 33 excarcelacións, 10 fugas de gas e 16 rescates de persoas, mentres as restantes consistiron en tarefas de prevención
Da totalidade das intervencións rexistradas, 134 foron incendios forestais, de vivendas, naves, vehículos ou material urbano, representando máis do 60% do total. O seu desglose é o seguinte: o parque de Barreiros interviu en 30 incendios, Vilalba en 33, Viveiro en 16, Sarria en 31 e Chantada en 24.
Os máis de 100 profesionais contratados para prestar servizos nos 5 parques de bombeiros tamén atenderon 33 excarcelacións e 10 fugas de gas, levaron a cabo 16 rescates de persoas, ademais de realizar distintas tarefas de prevención tales como limpezas de estradas.
As actuacións rexistráronse nos 50 Concellos nos que prestan servizo, supoñendo a cobertura do 90% da provincia. Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro dan cobertura a Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Begonte, Cospeito, Cervo, Foz, Guitiriz, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Outeiro de Rei, Pastoriza, Rábade, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade, e Xove. Na zona sur, os de Chantada e Sarria prestan servizo a Antas e Ulla, Baralla, Becerreá, Bóveda, Corgo, Carballedo, Chantada, Guntín, Láncara, Monforte, Monterroso, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas do Sil, Samos, Sarria, Samos, Sarria, Sober, Taboada e Triacastela. A cobertura nestes últimos 25 municipios verase incrementada en 2012 coa incorporación ó Consorcio do complexo de Monforte de Lemos que vén de ser aprobada por dito organismo a pasada semana.
O ámbito territorial adscrito a cada un destes parques terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario fóra dos límites do mesmo: a nivel comarcal, provincial, ou mesmo autonómico.