Site icon Crónica3.com A Mariña

Paseo en bici do colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo

A APA do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, organizou o sábado, día 22, un paseo en bici para nenos e pais, partindo do colexio, ata a área recreativa de Rinlo. Alí un descanso para merendar e unha hora máis tarde volta para Ribadeo. Neste paseo de máis de 18 Qm. participaron máis de 40 persoas, con idades dende os 4 anos. A APA segue traballando en novas iniciativas lúdicas, como un paseo andando ou a visita ó parque de bombeiros de Barres, buscando a participación de pais e nenos.

Exit mobile version