Site icon Crónica3.com A Mariña

“Patarego”, socio da peña barcelonista San Miguel, foi elixido barcelonista lucense do ano

Nota de prensa:
“Patarego”, socio da peña barcelonista San Miguel, foi elixido barcelonista lucense do ano.

Na pasada reunión da coordinadora de peñas barcelonistas galegas, celebrada en Santiago o pasado sábado día 15 de outbro, o socio da Peña Barcelonista San Miguel, José Antonio del Río Martínez, coñecido popularmerte como “Patarego”, foi elexido como barcelonista lucense do ano nunha votación entre toda-las peñas galegas.
A peña de Guitiriz presentara a sua candidatura cun socio que axudara económicamente á peña ante unhas deudas contraidas como consecuencia da celebración da xuntanza anual de peñas.
Por parte da Peña Barcelonista San Miguel, a sua secretaria, Chus Reimondo, propuxo a “Patarego”, expoñendo o seu gran barcelonismo, a sua devoción por unhas cores, unha vida entregada ó Barça, a enciclopedia viva da historia do F:C. Barcelona. Estes argumentos foron valorados polos alí presentes e os sentimentos gañaron ós valores económicos. 11 votos contra 6 foron os que deron como gañador ó membro da Peña mariñana.
Paterego, nativo e residente en Rinlo, pertence á Peña Barcelonista San Miguel dende o ano 2.000 e dende aquela visitou numerosos estadios acompañado do resto de socios da peña para animar ó Barça. Pero a sua traxectoria barcelonista non remata ahí, é unha das persoas que máis sabe de datos sobre a historia do Barça de todo o mundo. Antes de pertencer á Peña, xa visitara en varias ocasións o estadio do Camp Nou. Entre algunha das suas anécdotas barcelonistas destacamos cando nunha visita guiada ó Camp Nou, foi quén de rectificar á guía oficial do Clube cando daba certas explicacións sobre a historia do Barça. Noutra ocasión, desprazouse dende Rinlo a Otur (Casa Consuelo), uns 40 km., no seu mobilete para ver por tv (cando o Canal + non se vía na Mariña Lucense) un partido do Barça, á volta pinchoulle a moto e tivo que vir todo o camiño de volta andando.
Dende a peña Barcelonista San Miguel, felicitan ó seu socio, pero tamén á sua secretaria, Chus, xa que sen a sua fantástica exposición, este recoñecemento pode que non chegara.
Asimesmo, a peña anima a todo-los mariñans a que se unan a esta familia barcelonista, por unha cota anual de 36,00 € adultos e 10,00 € cota infantil. A día de hoxe, están pendentes por celebrar moitas actividades, unha viaxe a Barcelona no mes de decembro (co prazo aberto para apuntarse), duas ceas, unha viaxe a Santander, xuntanzas para ver os partidos por tv, un concurso de postales de Nadal, asistenza á Xuntanza de Peñas galegas, que será no Grove alá polo mes de xuño, e outras iniciativas que seguro que sairán á luz ó longo da temporada.

Exit mobile version