Site icon Crónica3.com A Mariña

Pequena crónica do 15 O en Mondoñedo

Pouca xente en Mondoñedo, e iso que cadraba o 15O coas Feiras e Festas das San Lucas. O 80% dos presuntos indignados eran do Bng ou simpatizantes, e tamén se deixaron ver sindicalistas de CCOO e UGT, en plan “manifestantes profesionais”. Foi curioso ver a concelleiros do goberno de Mondoñedo (hai un bipartito co Psoe) circular detrás dun altofalante no que se berraba “Non nos representan”. Había máis xente mirando que na manifestación, ata o punto de que, cara á fin da convocatoria, o berro pregoado era “Non nos mires, únete”. Mais, como dixo algún indignado “real” que só se quedou mirando ao ver o panorama e o uso torticeiro do Bng e do Psoe desta convocatoria, “non se enteraron de nada, cada vez está máis claro que nin a eles mesmos se representan, perderon o rumbo”

Exit mobile version