Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoal do Grumir, da Policía Local e da Garda Civil de Ribadeo sofocou un novo conato de incendio en Noceda

Nota de prensa

NOVO CONATO DE INCENDIO EN NOCEDA. OS SERVIZOS MUNICIPAIS SOFOCARON O LUME RÁPIDAMENTE NA TARDE DE ONTE.

Ribadeo, 24 de outubro de 2011. Un novo conato de incendio se rexistraba nas últimas horas en Noceda, no mesmo lugar no que se producía outro hai uns días. Ocorría onte pola tarde e ata alí se desprazou persoal do Grumir, da Policía Local e da Garda Civil, que controlou rápidamente o lume. O traballo realizado foi supervisado polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Obras e Medio Rural, Vicente Castro. Ao lugar do incendio tamén chegou unha motobomba de Foz, pero ao final non tivo que intervir.

O rexedor confía que “coas choivas que estamos a ter non volten a producirse máis lumes nesta tempada”.

Exit mobile version