Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoas necesitadas de Cervo disporán de axudas do “Plan de Alimentos 2011 ás persoas necesitadas” da UE

REFERENCIA

(/)

(/)

Os servizos de Asuntos Sociais e de Protección Civil colaboran con Cruz Vermella para distribuír estes recursos procedentes do ‘Plan de Alimentos 2011 ás persoas necesitadas”, que financia a Unión Europea

Cervo, 26 de outubro de 2011.- Os servizos municipais de Asuntos Sociais e de Protección Civil do Concello de Cervo iniciarán a vindeira semana o reparto de 1.098 quilos de alimentos de primeira necesidade proporcionados por Cruz Vermella entre as familias máis desfavorecidas (/).

Dúas persoas exhiben os alimentos que repartiran ás persoas necesitadas de Cervo

0s recursos proveñen do programa ‘Plan de Alimentos 2011 ás persoas necesitadas’, que financia a Unión Europea. A concelleira de Asuntos Sociais, Tania González, (/).

Os beneficiarios serán chamados polos servizos municipais ao longo destes días para que pasen a retirar esta axuda á casa Consistorial a partires da vindeira semana. Ao fío disto, a responsable da área social do Goberno local indicou que o Servizo de Protección Civil distribuirá os alimentos nos domicilios daquelas persoas que non podan desprazarse ata o Concello a recollelos.

González lembrou que para solicitar esta axuda é preciso acudir aos servizos sociais do Concello de Cervo e, a través dunha traballadora social, realizarase un informe e adxudicarase ou non a devandita axuda. Esta é concedida polo Concello, pero os víveres son proporcionados pola Cruz Vermella unhas tres ou catro veces ao ano. Unha vez que estes alimentos chegan ao almacén do Concello estímase como se pode facer o reparto equitativo entre as familias, deixando sempre uns excedentes para casos de urxencia.

Este programa leva en funcionamento máis de 10 anos, repartindo comida unhas 3 ou 4 veces ao ano. Nesta ocasión, repartíranse alimentos como leite, arroz, pasta, cacao en po, leite de continuación e papillas para nenos, galletas ou salsa de tomate.

Exit mobile version