Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 17 mil boletos entraron no sorteo da campaña “As compras na túa vila teñen premio” en Burela

NOTA DE PRENSA

A campaña “As compras na túa vila teñen premio” remata en Burela con gran éxito

A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Lugo e o Concello de Burela, celebraron esta tarde o Acto Final da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, tivo lugar en Burela entre o 17 e o 28 de outubro.

Comerciantes e consumidores de Burela acolleron a iniciativa con grande entusiasmo, recolléndose na urna habilitada para o sorteo máis de 16,800 boletos, o que significa un grande éxito de vendas e participación.

O acto final da campaña tivo un atractivo programa de actuacións para nenos e adultos durante todo o día. Pola tarde, actuou en directo a cantante Mariana, e a continuación tivo lugar o sorteo de 3.000 euros en premios (dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros). O sorteo contou coa asistencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o concelleiro de Comercio, José Casas;  e o Xefe Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, José Manuel Vázquez Leirado; entre outros.

A iniciativa “As compras na túa vila teñen premio” estivo organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Nesta edición, ademáis da xa rematada en Burela, na provincia de Lugo terá lugar tamén en Chantada entre o 14 e o 25 de novembro

Exit mobile version