Site icon Crónica3.com A Mariña

Reforzaran e ampliaran o peche da pista polideportiva da praza dos Campos de San Cibrao

Nota de prensa

O CONCELLO REFORZA O PECHE DA PISTA POLIDEPORTIVA DA PRAZA DOS CAMPOS, EN SAN CIPRIÁN

Cervo, 6 de outubro de 2011.- O Goberno local abordará durante estes días o reforzo e ampliación do peche da pista polideportiva situada na praza dos campos de San Ciprián. Así o deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfonso Villares.

Estes traballos estanse a facer con fondos municipais e previsiblemente quedarán rematados a finais da vindeira semana. O rexedor indicou que a ampliación do peche deste recinto deportivo encadrado nesta praza pública de recente creación obedece á necesidade de mellorar esta infraestrutura pública despois de ter comprobado a conveniencia de asegurar que non escapen do perímetro de xogo os balóns dos rapaces e rapazas que xogan nela. “O feito de levar adiante estas obras responde á análise feita ao longo deste verán” recalcou o alcalde, quen salientou a satisfacción do Goberno local polo uso que se lle está a dar a cada un dos espezos que conforman esta área pública de ocio e lecer situada no centro da vila de San Ciprián.

“Non podemos estar máis satisfeitos ao ver a utilización que toda a sociedade do noso concello lle está a dar a esta nova praza. É un lugar que neste pouco tempo se ten convertido xa no epicentro da vida de San Ciprián. Alí se xuntan diariamente un gran número de rapaces e rapazas para facer uso da súa pista deportiva. É o punto de encontro dos máis pequenos para gozar das dúas áreas de xogos infantís e tamén da propia praza, na que ademais de usarse para celebrar o mercado semanal ou organizar actos públicos de lecer coma as festas, é usada tamén polos nenos e nenas para pasear nas súas bicis ou para patinar, mentres que os maiores charlan e pasan un rato distendido ” indicou.

Exit mobile version