Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan en Burela os traballos de arranxo do barco museo Reina del Carmen

Nota de prensa

O VENRES REMATARÁN OS TRABALLOS DE PINTADO E ARRANXO DO BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN, SEGUNDO ANUNCIA PATRICIA LÓPEZ EIJO.

Burela, 27 de outubro de 2011. Mañá venres rematarán os traballos de pintado e arranxo do barco museo Reina del Carmen, segundo ven de anunciar a concelleira de Mar, Patricia López Eijo.

A edil popular subliña que “o Reina del Carmen non foi reparado desde o 2007. Co goberno bipartito subiu só nunha ocasión ao varadero, foi en setembro dese ano, pero o tempo foi pasando, o barco estivo sempre no porto e sufriu un importante deterioro”. López Eijo indicou que “o barco foi trasladado ao varadero o pasado venres, e alí foi sometido a un lavado a presión para ver os posibles danos que puidese ter no casco. Detectóuse que dúas tracas na liña de flotación estaban deterioradas e cambiáronse ao igual que os zincs”.

O equipo de goberno agradece a colaboración desinteresada prestada polos asteleiros Vibu e Armón. Vibu realizou as labores de carpintería e Armón encargóuse do varado, chorreo, cambio de zincs e pintado do barco.

Patricia López Eijo aproveita a ocasión para lembrar que o Concello de Burela opta ao premio CONAMA á Sostenibilidade de Pequenos e Medianos Municipios co proxecto Transmitindo sostenibilidade Aula Medioambiental-Barco Museo Reina del Carmen. Os interesados en apoiar o proxecto de Burela poden participar na votación on-line ata o 7 de novembro. Para facelo é preciso entrar na seguinte dirección:

www.premioconama.org/premios11/premios/proyectos_popup.php?id=19

Exit mobile version