Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables municipais de Cervo e técnicos de Medio Ambiente definen a colocación do punto limpo

Nota de prensa

O CONCELLO DE CERVO DECIDE A UBICACIÓN FINAL ONDE SE CONSTRUIRÁ O FUTURO PUNTO LIMPO MUNICIPAL

Responsables municipais e técnicos da Xunta estiveron ultimando a ubicación deste novo servizo, que entrará en servizo no vindeiro ano

Ocupará unha área de 1.638 metros cadrados do polígono de Cuíña ubicada nunha parcela de 11.250 metros cadrados de solo dotacional de titularidade municipal

A súa construción ven contemplada nos orzamentos autonómicos do 2012 e ten un presuposto de 276.435 euros financiados integramente pola Xunta de Galicia

Cervo, 28 de outubro de 2011.- Esta mañá responsables municipais do Concello de Cervo mantiveron unha xuntanza na Casa Consistorial con técnicos da Consellería de Medio Ambiente para definir definitivamente a ubicación onde se construirá o punto limpo que está previsto entre en funcionamento o vindeiro ano 2012.

Segundo lembrou o rexedor, Alfonso Villares, a construción deste punto limpo ven reflectida nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2012 cun orzamento de 276.435 euros. Así mesmo, confirmou que se recibira no Concello unha comunicación por escrito da Consellería de Medio Ambiente informándolles da súa intención de construír este punto limpo e na cal tamén se lles solicitaba unha serie de documentación para levar adiante esta inversión. Dita documentación xa foi dilixenciada por parte do Goberno local “para axilizar na medida do posible todos estes los trámites administrativos que son necesarios” sinalou o alcalde.

En concreto, na reunión de hoxe decidiuse a ubicación definitiva que terá este punto limpo dentro dunha parcela de 11.250 metros cadrados do polígono de Cuíña, lugar elixido para a súa instalación. O espazo onde irá situado este punto limpo ten a catalogación de solo urbano e está afectado pola ordenación reguladora de usos e condicións da edificación dos servizos de interese público e social. Ocupara unha superficie de 1.638 metros cadrados, mentres que o resto da parcela seguirá dispoñible para futuras instalacións de carácter dotacional e de interese público e social.

Inicialmente está previsto que o punto limpo cervense conte con colectores específicos, unha zona de verteduras, áreas axardinadas e unha oficina de recepción para organizar a entrada dos lixos. En concreto, prevese que poda dispoñer de colectores de plásticos, cascallos de obras, voluminosos, restos vexetais, ademais dos tradicionais depósitos de almacenaxe de vidro, cartón e envases lixeiros, ademais dunha zona específica para almacenar residuos tóxicos.

O rexedor cervense agradeceu á Xunta de Galicia a confirmación desta inversión e sinalou que con este punto limpo o que se pretende é “completar, máis aínda, a nosa aposta medioambiental achegando á nosa xente un lugar onde depositar todo tipo de residuos”. Ao fío disto, o alcalde cervense indicou tamén que mentres o punto limpo non estea rematado, o Concello seguirá actuando como ata agora, realizando unha recollida quincenal de enseres, segundo as solicitudes dos veciños.

Pola súa banda, Begoña Alonso, concelleira de Medio Ambiente, afondou na necesidade de promover a convivencia ambiental entre os veciños de Cervo, “y por eso apostamos por este proyecto que pronto será y una realidad, y también por una política de concienciación medioambiental que ayude a preservar el patrimonio natural y paisagístico del que disponemos en nuestro municipio” sinalou.

Exit mobile version