Site icon Crónica3.com A Mariña

Sanidade volve alertar ao concello de Cervo do estado das praias e advirte da presencia de residuos e cristais en tres areais, asegura o PSOE

Nota de prensa

SANIDADE VOLVE ALERTAR Ó CONCELLO DO ESTADO DAS PRAIAS E ADVIRTE A PRESENZA DE CRISTAIS E RESIDUOS NA CAOSA, CUBELAS E O TORNO

-Grazas ó bo tempo, os veciños seguen gozando dos nosos areais e “é vergoñento que este verán no que a contratación de persoal para a limpeza de praias foi máis excesiva ca nunca, se reciba un comunicado deste tipo”

-Os socialistas entenden agora “lóxico e normal que este ano non se nos concedera ningunha bandeira azul, pois o estado das praias é de abandono total e absoluto”

CERVO, 7 DE OUTUBRO. O Grupo Municipal Socialista insiste no estado de abandono das praias do municipio e denuncia a desidia do equipo de goberno en materia medioambiental. A Consellería de Sanidade vén de alertar ó Concello da presenza de cristais, residuos orgánicos, plásticos, madeiras e algas en descomposición na Caosa, en Cubelas e no Torno e insta a levar adiante as xestións oportunas”.

Grazas ás altas temperaturas e ó bo tempo deste útlimo mes, moitos veciños seguen gozando das praias do municipio. Os socialistas lamentan que “os areais non se manteñan en boas condicións de salubridade e seguridade. É un perigo tanto para os máis pequenos como para os adultos que a area se atope chea de residuos e cristais. O equipo de goberno ten a obriga de tomar as medidas necesarias canto antes, pero segue mirando cara outro lado”.

Dende o GMS aseguran que “é vergoñento que este verán no que a contratación de persoal para a limpeza de praias foi máis excesiva ca nunca, se reciba un comunicado deste tipo. O único que se demostra é a pasividade e indiferencia do goberno en relación ó medio ambiente”.

Lembran que “a primeira perxudicada foi a praia do Torno, xa no mes de abril alertamos ó Concello do deterioro deste areal, tres meses despois, en pleno verán, a situación era a mesma. Despois tocoulle á Rueta, co problema da auga e agora os problemas exténdese ó Torno, á Caosa e a Cubelas”.

Os socialistas entenden agora que “ano tras ano fósemos perdendo bandeiras azuis ata chegar á situación actual, primeiro verán, despois de moitos, no que non nos foi concedido ningún destes galardóns. Lóxico e normal se as nosas praias non teñen a auga apta para o baño, se os areais están cheos de residuos, cristais e madeiras e se non se fai nada dende o Concello para solucionar este tipo de problemas”.

Exit mobile version