Site icon Crónica3.com A Mariña

So 16 centros educativos de Lugo cidade e un de Monforte poden acceder a internet con 100 Mbps co Plan de Banda Larga da Xunta

Nota de prensa

En toda Galicia son 161 os centros educativos beneficiados desta medida

UN TOTAL DE 17 CENTROS EDUCATIVOS DA PROVINCIA DE LUGO ACCEDEN A INTERNET CON VELOCIDADES DE 100 Mbps GRAZAS AO PLAN DE BANDA LARGA DA XUNTA

A Secretaría Xeral de Modernización completou este mes a implantación desta tecnoloxía punteira que permite un acceso ata dez veces máis rápido aos diferentes recursos na Rede e o acceso simultáneo de máis usuarios
Esta actuación intégrase no Plan de Banda Laga que está a despregar infraestruturas de telecomunicación para que tanto os centros administrativos como os cidadáns poidan acceder a un servizo de Internet de calidade

Santiago de Compostela, 29 deoutubro de 2011.- A Secretaría Xeral de Modernización vén de completar este mes a implantación de redes de 100 Mbps de velocidade nun total de 17 centros educativos da provincia de Lugo. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

A día de hoxe son 161 os centros educativos das catro provincias que contan con redes de nova xeración (NGAS) dos que 16 están centros están na cidade de Lugo e 1 en Monforte de Lemos.

Con esta actuación búscase de dotar tanto ás cidades como ao rural da mellor conectividade posible, e de colocar á comunidade educativa na vangarda do progreso, con proxectos como o ABALAR para integrar as TIC no sistema educativo. A mellora da conectividade dos centros educativos é posible grazas á posta en marcha pola Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que contempla entre as súas actuacións, e en colaboración co operador R, a extensión destas redes de nova xeración (NGAs) coas velocidades máis punteiras.

A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito o alumnado poderá ter un acceso máis efectivo á rede, sen esperas ou contratempos; poderán conectarse simultaneamente un maior número de usuarios e permitirá o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.

Plan de Banda Larga

Para o desenvolvemento de proxectos como ABALAR e para a integración das TIC en todos o ámbitos administrativos é fundamental contar infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso, a Xunta puxo en marcha o pasado ano o Plan de Banda Larga 2010-2013 que posibilitará que tanto os centros administrativos como os cidadáns teñan acceso a un servizo de Internet de calidade que lles permita integrarse de xeito efectivo na sociedade da información.

Unha das actuacións do Plan é a extensión de redes de nova xeración con velocidades de 100 Mbps. O obxectivo final desta actuación é darlle cobertura a máis de 1 millón de habitantes con estas redes punteiras, que permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao cliente e adaptarse máis rapidamente ás novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Xúntase listado de Centros da provincia de Lugo

CEIP ANEXA LUGO
CEIP BENIGNO QUIROGA BALLESTEROS LUGO
CEIP SAGRADO CORAZÓN LUGO
CEIP ROSALÍA DE CASTRO LUGO
CEIP DE CASAS LUGO
CEIP PARADAI LUGO
CEIP MENÉNDEZ Y PELAYO LUGO
CEIP ILLA VERDE LUGO
CEIP ALBEIROS LUGO
CEIP DAS MERCEDES LUGO
CFR LUGO LUGO
IES ANXEL FOLE LUGO
EPAPU ALBEIROS LUGO
IES POLITÉCNICO DE LUGO (ANTES IES Nº 1 LUGO
EOI DE LUGO LUGO
IES XOAN MONTES LUGO
IES RIO CABE MONFORTE DE LEMOS

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Exit mobile version