Site icon Crónica3.com A Mariña

Sortean 3.000 euros na Praza do Concello no a acto final da Campaña de Dinamización do Consumo en Burela

REFERENCIA

Acto Final da Campaña de Dinamización do Consumo nas Vilas Galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrolouse en Burela entre os días 17 e 28 de outubro de 2011.

Este acto terá lugar mañá venres, 28 de outubro, a partir das 12.30 horas, na carpa da campaña instalada na Praza da Mariña de Burela e arredores, segundo o programa que se adxunta. Ás 19.30 horas actuará a cantante Mariana.

Ás 20.00 horas terá lugar o Sorteo dos 3.000 euros en premios, acto que contará coa asistencia do presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas; o Alcalde de Burela, José González Barcia; e a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro.

Exit mobile version