Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha pizzeria da rúa Ramón González de Ribadeo sufriu un incendio que provocou danos materiais

Nota de prensa

ESTA TARDE DECLARÁBASE UN INCENDIO NUNHA PIZZERÍA DA RÚA RAMÓN GONZÁLEZ. ATA ALÍ SE DESPRAZOU FERNANDO SUÁREZ PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN O ALCANCE DO MESMO. O LUME SALDÓUSE CON DANOS MATERIAIS.

Ribadeo, 19 de outubro de 2011. Esta tarde declarábase un incendio nunha pizzería ubicada na rúa Ramón González de Ribadeo. Ata alí se desprazou o alcalde, Fernando Suárez, para coñecer de primeira man o alcance do mesmo, que finalmente só se saldou con danos materiais.
Suárez Barcia sinalou que “si ben nesta mañá de mércores amencíamos cun novo conato de incendio forestal rematamos a xornada na tarde-noite cun incendio nunha pizzería céntrica de Ribadeo. Non houbo que lamentar desgracias persoais, foi moi aparatoso e vistoso pola cantidade de fume que de alí saía. O lume orixinóuse na cociña dese establecemento, pero a rápida actuación de Protección Civil, da Policía Local, da Garda Civil e do parque comarcal de bombeiros impediu que houbera unha traxedia grande”.
O rexedor dixo que “en Ribadeo levamos un tempo cunha certa racha de incendios importante. Espero que se disipen pronto, os do monte porque chova e os do centro urbano porque agardamos que tardemos moito tempo en ter que afrontar algo similar. Felicitar a todas as persoas que participaron nesta rápida actuación na que afortunadamente só temos que lamentar danos materiais, pero os danos materiais amáñanse e as persoas é máis complicado e é polo que nos temos que congratular”.

Exit mobile version