Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ, asegura que o PP de Foz, está a enganar aos veciños de Foz e que pregunta polo apoio institucional

NOTA DE PRENSA

UNIFOZ, ten que manifestar unha vez máis que ou PP de Foz, está a enganar aos veciños de Foz.

Seguro que todos lembramos a recente campaña electoral do PP de Foz, onde se prometia ” NINGUÉN FARÁ MÁIS” e facía referencia ao apoio institucional da Xunta de Galicia para un posiblel Alcalde do PP de Foz.

O pasado 8 de setembro a Corporación Municipal de Foz, acordou entre outros asuntos o de PEDIR UNHA XUNTANZA URXENTE COA CONSELLEIRA DE SANIDADE, para que esta Corporación fora informada dos planes desta Consellería en relación aos servizos sanitarios do noso Pobo.

UNIFOZ,entende que non estamos a falar dunha xuntanza pedida por un veciño, por un empresario, por un colectivo (con todos os respectos) … estamos a falar dunha xuntanza demandada por unha Corporación Municipal du Pobo, e por conseguinte, por moi Conselleira que se poda ser, e por moi acupada que se poda estar, que ao día de hoxe , casi dous meses despois ainda non saivamos cando terá lugar esa xuntanza, nin tan siquera se haberá esa xuntanza, semella un desprezo a unha Corporación e a todo un pobo, pois estamos a falar dunha simple e oportuna xuntanza.

UNIFOZ, preguntalle ao PP de Foz, onde está pois ese apoio institucional? non falamos da construcción dese Super Porto, nin da Residencia de Maiores,… falamos do apoio institucional, de que sexa quen de xestionar unha xuntanza da Corporación coa Sra. Conselleria de Sanidade.

UNIFOZ, quere facer un plantexamento público aos grupos municipais do PSOE e BNG, para que mediante os seus respectivos grupos políticos no Parlamento de Galicia, insten a Sra. Concelleira a que teña a ben recibir aos representantes da Corporación Municipal de Foz, para que se nos informe dos planes desa Consellaría para o pobo de Foz, si isto non dera resultado so nos quedaría que os membros da Corporación Municipal de Foz, nos sentáramos diante da porta da Consellería de Sanidade ata conseguir ser recibidos.

UNIFOZ, tamén quere facer un plantexamento público ao PP de Foz, para que nos diga aos veciños de Foz, en que partida do presuposto do 2012 se pode ver ese apoio institucional da Xunta de Galicia a este E.Goberno do PP de Foz tantas veces falado na pasada campaña electoral “ NINGUÉN FARÁ MÁIS”

Exit mobile version