REFERENCIA
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que rematadas as obras mencionadas, consideramos que son insuficientes tendo en conta a seguridade vial, pois na súa maioría é imposible que as persoas se podan desprazar pola mesma, por non quedar espazo reservado para tal fin, así mesmo resulta difícil para o tráfico rodado.
Que na actualidade quedaron postes de formigón na estrada e na beirarrúa, que son innecesarios e perigosos para o tráfico rodado.
Por todo o exposto UNIFOZ solicita da Corporación Municipal mediante a presente MOCIÓN, acordo plenario para solicitar á Deputación Provincial a realización dun proxecto e a súa execución na que se contemple:
-Espazo e dotación de arcán/beirarrúa dende a Espiñeira ata o cruce da LU.152, enlazando coas beirarrúas xa construidas.
-Execución de retirada de postes de formigón da anterior instalación de alumeado público.
-Instalación de Alumeado Público ata a Espiñeira.
-Melloras no enlace desta estrada coa estrada das Areosas na Espiñeira
-Estudo de melloras no enlace coa N642