Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ recoñece publicamente que o concello atendeu as súas peticións

Nota de prensa:

Queremos recoñecer publicamente que despois de que fai uns meses UNIFOZ, reclamara un estacionamento para discapacitados no Centro de Saúde de Foz, estes días procedeuse a atender a nosa petición.

Así mesmo podemos ver como se procedeu a actualización da páxina web, limpeza da Avda da Mariña.algo tamén demandado por UNIFOZ

UNIFOZ, quere insistir unha vez máis na necesidade de proceder a regar e coidar as zonas verdes, para que sigan sendo verdes (véxase Parque de Marzán), así como máis atención ao paseo de Rapadoira -Peizas , papeleiras, limpeza, segado, e de forma especial que os servizos (wc) non teñan pechados.

UNIFOZ, CONSIDERA QUE O TURISMO É ALGO DE 365 DÍAS.

Exit mobile version