Nota de prensa:
SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside ,Ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do dereito Fundamental , recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que nestes momentos estanse a facer obras na Avda da Mariña, consistentes na canalización de augas pluviais.
Que son moitas as queixas dos veciños polas dificultades que estas obras están a causar os mesmos, en especial ao sector do comercio, debido a falta de seguimento da obra no que repecta a limpeza da rúa, e como consecuencia de non regar para que a suciedade non se espalle por todos os rincóns. Por todo isto
SOLCITA:
Que por parte do E.Goberno se DEA UN PASEO por esta rúa, e se faga un seguimento da obra, e tome medidas no que se refire a limpeza e coidado da rúa, así como do aparcamento precario que está colindante coa mesma.