Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acolle en Regalxunqueira unha exposición con traballos gráficos de máis de 20 artistas galegos

Nota de prensa

COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA

Curva de Xunqueira-Viveiro.

Camiño Real, 127 – Xunqueira

27850 Viveiro (Lugo)

Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06

ceramica@oteroregal.com

www.oteroregal.com

ARTISTAS GALEGOS OBRA GRÁFICA

MARUJA MALLO, DIAZ PARDO, SEOANE, LAXEIRO, VIRXILIO,

COLMEIRO, MENCHU LAMAS, SILVERIO RIVAS, RENATA OTERO, SUCASAS, CONDE, CORREA CORREDOIRA, ALFONSO COSTA,

PERMUY, TORRES, ABELENDA, NOVOA, MOLDES, LODEIRO, LAMAZARES, OTERO REGAL E ALFONSO CRESPO

Acto que terá lugar o vindeiro xoves, 6 de Outubro ás 20 horas na Sala de Exposicións do Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO. sirvirase un viño e algo de comer.

A EXPOSICIÓN PODERASE VISITAR DENDE O 6 DE OUTUBRO Do 2011 AO 15 DE FEBREIRO Do 2012. Tódolos días de 10 a 2 e de 4 a 8.

TEXTOS DO CATALOGO:

A idea de que a arte contemporánea debe saír á rúa para achegarse máis aos cidadáns e romper as barreiras que o separan do público masivo alenta este proxecto. Un disparo de advertencia, que dende fai xa catro anos levamos a cavo en REGALXUNQUEIRA en unha zoa xeográfica na que non abundan as oportunidades para ver obras de creadores que son a historia viva do arte
galego contemporaneo .

Son 24 legados de personalidades como:
MARUJA MALLO, DIAZ PARDO,

SEOANE, LAXEIRO, VIRXILIO,

COLMEIRO, MENCHU LAMAS,

SILVERIO RIVAS, RENATA OTERO, SUCASAS, CONDE, CORREA

CORREDOIRA, ALFONSO COSTA,

PERMUY, TORRES, ABELENDA, NOVOA, MOLDES, LODEIRO, LAMAZARES, OTERO REGAL E ALFONSO CRESPO

Os que xuntamos nesta exposición, gracias como en outras moitas acosions a colaboración desinteresada do coleccionista SANTI BORRAZAS que cede parte do seu “Tesouro artístico” para que poidamos producir exposicións como a que ten diante do seu ollar, unha sintexis moi completa do mellor facer da arte galega.

A HISTORIA DO GRAVADO EN GALICIA

Historicamente as orixes do gravado están vinculados ao traballo dos ourives (prateiros no caso de Galicia), como en Italia e Alemaña, eles posuían o dominio das ferramentas que se utilizarían nas novas técnicas de gravado.

As orixes do gravado en Galicia están ligados á Xilografía co que respecta á técnica e á iconografía jacobina. É en Santiago de Compostela onde o gravado alcanza maior difusión como centro mundial de peregrinaxe. Atendendo a este aspecto poderiamos falar dun gravado compostelán facendo alusión a dous conceptos totalmente diferentes: O gravado realizado en Compostela e o gravado sobre Compostela ou con temática compostelá con estampas do Apóstolo Santiago. O gravado emprégase ademais na realización de Itinerarios, Cancións de peregrinos, Relacións de reliquias etc.

É entre o século XVII e o XXVIII cando se produce un certo florecemento do gravado santiagués ligado á plástica barroca e máis vinculado á arquitectura que á arte pictórica. Destaca López de Aguirre, o seu irmán Jacobo, Landeira. José Maragato A dinastía continuaría con Luís Fernández Pedra (1769-1818). Considerado o máis creativo .

A xilografía volvería ser retomada polos artistas galegos na segunda metade do século XIX con Isidoro Broncos e Enrique Mayer como máximos representantes. Un momento histórico no que cara á súa aparición o linóleo que calaría fondamente entre os artistas galegos. Técnica que cultivara Castelao con notable éxito e que ademais lograra popularizar entre os artistas. Paralelamente outros artistas centran a súa actividade na litografía : J. Nuñez Castaño, J. Botana Calvelo, I. Osterberger e J. Domínguez

Xa no século XX os artistas máis recoñecidos do gravado en Galicia son indubidablemente Xullo Prieto Nespereira e Manuel Castro Gil.

Magníficos debuxantes que reflectiron -por primeira vez- nas súas obras o caracter da súa terra.

Outros artistas dabondo coñecidos dentro da plástica galega farían as súas incursións polo mundo do gravado algúns con notable éxito: Castelao, Carlos Maside, Rivas Briones, Manuel Torres, Luís Seoane…e moitos outros artistas galegos dos que esta mostra inclue unha abondosa mostra.

FALANDO DE GRAVADOS

A arte de hoxe trata de realizar cousas que xamais imaxinase un artista doutras épocas. Con todo a venda de cadros nas galerías segue sendo o privilexio duns poucos. A algúns gustalles a idea de progreso e cren que tamén a arte debe marchar ao paso do tempo. O gravado está a dar este xogo.

A arte moderna, entre o cal se situa o gravado como parte moi importante, do mesmo xeito que o antigo, xurdiu como resposta a certos problemas concretos da sociedade. A arte moderna tardou un tempo en ser aceptado, pero actualmente ningunha galería de arte que se prece, (sería capaz de discutilo seriamente. Alguén dáse conta de que o importante nunha casa non é a fachada, senón as habitacións, non é o exterior, senón que a xente onde vive é no interior. Wright (arquitecto americano) cría que unha casa tiña que derivar das necesidades humanas e facer sentir ben aos seus habitantes cunha decoración de arte nova. A decoración interior toma un valor fundamental neste momento, e esta decoración debe estar de acordo coa arte da nova arquitectura. O gravado vai xogar un papel fundamental neste movemento.

Otero Regal

Exit mobile version