Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de promoción dos bolos no IES Illa de Sarón de Xove

Nota de prensa

XORNADA DE PROMOCIÓN DOS BOLOS PARA OS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE SARÓN

Un ano máis, e antes de comezar a  XXIIIª Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unha XORNADA destinada a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO do  IES Illa de Sarón.

Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contándose para o mesmo, como xa dixemos, coa colaboración do IES, máis concretamente co profesor Xavi Bouza Criado, profesor de  Educación Física de Secundaria do IES.

Pola Xornada van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nas mesmas se lles van explicar os fundamentos  deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.

As xornadas van ter, polo tanto, unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo dos xogadores: Modesto Albo, o xogador máis veterano do Concello de 82 anos e José Baño, quenes se van a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.

O programa destas Xornadas, que se vai desenvolver mañá martes, 4 de  outubro, é o seguinte:

-MARTES, 4 DE OUTUBRO DE 9:00 A 9:50 HORAS 10 ALUMNOS/AS  DE 4º DE ESO
-MARTES, 4 DE OUTUBRO DE 9:50 A 10:40 HORAS 22 ALUMNOS/AS  DE 2º DE ESO.
-MARTES, 4 DE OUTUBRO DE 12:50 A 13:40 HORAS 16 ALUMNOS/AS DE 3º DE ESO
-MARTES, 4 DE OUTUBRO DE 13:40 A 14:20 HORAS 14 ALUMNOS/AS  DE 1º DE ESO

O lugar onde se vai desenvolver esta Xornada é a BOLERA DO  CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE, dado que está ubicado practicamente ao lado do IES Illa de Sarón.

O obxectivo desta Xornada, amáis da promoción deste deporte en sí,  é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 11 anos decidiu crear unha Liga Sub 18 (AGORA SUB 16) co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores.

Lóxicamente, por idade, o mellor sitio onde se poderían atopar novos xogadores sería o IES, dado que os alumnos/as da ESO  teñan unha idade ideal para comezar neste xogo.

Dende o Concello só nos queda agradecerlle ao IES toda a colaboración prestada na organización desta Xornada.

Exit mobile version