Site icon Crónica3.com A Mariña

XVII Campionato de tute Concello de Cervo 2011

Nota de prensa:
XVII CAMPIONATO DE TUTE CONCELLO DE CERVO 2011

Dado o éxito alcanzado en etapas anteriores, o Concello de Cervo a través da Delegación de Deportes, continúa un ano máis apoiando este tipo de actividades lúdicas-deportivas.

Este ano, 2011, celebrarase o XVII Campionato de Tute do Concello de Cervo, cuxa primeira reunión se realizou o pasado 7 de Outubro nas dependencias da Casa da Cultura de San Ciprián, na cal se estableceron as bases para a participación no devandito campionato, e as cales están baseadas no seguinte:

Participantes.- Poderán participar todas aquelas Asociacións, Clubs, Bares, etc., do Concello de Cervo. Formando equipos de catro parellas por participante.

Inscricións.- A inscrición deberá formalizarse entes do próximo 17 de Outubro, ou ben ese mesmo día nunha reunión que se realizará na Casa da Cultura de San Ciprián ás 19:00 horas. Os equipos interesados en participar deben acudir a esta reunión, na cal se elaborará o calendario de datas e enfrontamentos. As inscricións poderán realizarse na Casa da Cultura de San Ciprián, Concello de Cervo, ou ben a través do número de teléfono 686 970 388 (Félix)

Data de Inicio.- Está previsto que a competición de comezo o 25 de Outubro.

Lugar de Celebración.- As partidas e enfrontamentos xogaranse nos locais designados polos participantes, debendo cada equipo elixir o lugar.

Desenvolvemento do torneo.- Desenvolverase polo sistema habitual de liga, con enfrontamentos de ida e volta.

Exit mobile version