Site icon Crónica3.com A Mariña

32 familias de Lourenzá necesitan das axudas alimentarias da UE que achega o Banco de Alimentos e a Cruz Vermella

Nota de prensa

O CONCELLO DE LOURENZÁ DISTRIBUIE 3.000 KG DE ALIMENTOS ENTRE FAMILIAS NECESITADAS

Imaxe de Lourenzá da web concellodelourenza.es

As 32 familias suman preto dun centenar de persoas das cales 22 son menores e 3 son lactantes
Tamén se ten a disposición dos máis necesitados o roupeiro municipal
Estas entregas son bianuais, no mes de febreiro farase a primeira entrega do 2012, dende este momento, ábrese un novo cupo para familias con poucos recursos, para o cal se necesita dar a coñecer o caso, ben polo propio interesado, ben por terceiros, nos servizos sociais do Concello.

Lourenzá, 4 de novembro do 2011.- A área de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá, departamento que dirixe a edil Emma Alvarez, iniciou en días pasados a distribución de aproximadamente 3.000 Kg de alimentos básicos subministrados polo Banco de Alimentos e a Cruz Vermella. Os alimentos de primeira necesidade serán distribuído entre un total de 32 familias do municipio con poucos recursos económicos.

Esta acción enmarcase na segunda fase do Plan 2011 de axuda alimentaria a persoas necesitadas da Unión Europea, na que participan todas as administracións (comunitaria, estatal, autonómica e local). Está enmarcado dentro do Fondo Español de Garantía Agraria encadrado nas medidas de regulación do mercado de produtos agroalimentarios da Política Agraria Común (PAC), coa finalidade de poñer a disposición de xente necesitada alimentos de calidade.

Os beneficiarios en Lourenzá desta segunda fase do reparto de alimentos rondan o centenar de persoas, das cales 22 son menores e 3 son lactantes. Dende os Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tamén se ten a disposición dos máis necesitados o roupeiro municipal.

Os alimentos a distribuír serán legumes, pastas, cereais, zumos e lácteos fundamentalmente.

Recordamos a todas aquelas persoas que o necesiten que a seguinte entrega, correspondendo xa ao ano 2012, será no mes de Febreiro. Dende este momento, e tendo en contra a grave crise económica que está a tambalear o noso país, ábrese un novo cupo para familias con poucos recursos, para o cal se necesita dar a coñecer o caso, ben polo propio interesado, ben por terceiros, nos servizos sociais do Concello.

Exit mobile version