Site icon Crónica3.com A Mariña

A ampliación e remate do pavillón de deportes do colexio de Galdín levará catro ou cinco meses

Nota de prensa

O CONCELLO DE CERVO FIRMOU HOXE COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN A ACTA DE REPLANTEO PARA INICIAR OS TRABALLOS DE AMPLIACIÓN E REMATE DO PAVILLÓN DO CEIP CERVO Nº1 DE SAN CIRPIÁN

As obras materiais comezarán a semana próxima e terán un prazo de execución de catro a cinco meses

O seu orzamento é de 441.075 euros

Cervo, 4 de novembro de 2011.- No día de hoxe tivo lugar a firma da acta de replanteo dos traballos de ampliación e finalización do pavillón de deportes do Colexio de Ensinanza Primaria Cervo nº1 de San Ciprián.

O alcalde cervense, Alfonso Villares, e malia concelleira do grupo de Goberno, Begoña Alonso, desprazáronse ata esta o devandito centro educativo para realizar este trámite administrativo xunto con responsables da Consellería de Educación e da empresa adxudicataria das obras. Unha vez alí, as distintas partes (Concello, Consellería, constructora e representantes do centro) aproveitaron para falar da programación dos traballos e dos prazos de execución.

Segundo indicou o rexedor, os traballos comezarán a vindeira semana co valado perimetral da zona na que se vai actuar para preservarva seguridade dos escolares do centro “e posteriormente comezarase a facer os traballos construtivos de xeito continuo co obxecto de poder telos rematados nun prazo de catro ou cinco meses” indicou Villares.

O primeiro edil cervense amosouse satisfeito co inicio destas obras, as cales cualificou de “importantisimas” para o municipio “e sobre todo para a comunidade educativa de San Ciprián”

Exit mobile version