Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños de Trasbar, en Cervo, organiza diversas actividades en novembro

Nota de prensa

Información sobre as actividades que estamos organizando desde a asociación de veciños do burgo de Trasbar para o mes de novembro.

1. Relación de cursos e campionatos a curto prazo. En breve, se van a realizar as
seguintes actividades: Curso de primeiros auxilios impartido polo cabo do servizo de
extinción de incendios, salvamento e protección civil do concello de Cervo, Mario Antuña, no local social de Trasbar. Curso gratuíto.

Curso de iniciación a natación na piscina municipal de Lieiro (previsiblemente). Precisamos unha aproximación do número de persoas interesadas en realizar este curso para saber o custo
que vai supoñer.

Campionato de tute e parchís actividade en parellas. No local social de Trasbar. Unha vez que teñamos o número total de parellas, terá lugar unha reunión para determinar a data de
comezo. Prezos inscrición: socio 0 euros, non socio 10 euros.

Agradeceriámoslles que, á maior brevidade posible, confirmarase inscrición antes de comezar os cursos.

2. Celebración do Magosto o 19.11.2011, a partir das 19.00 h (7 da tarde), no campo da festa. Serviranse castañas asadas,bolos preñados e bebida. Esta actividade está dirixida a socios/as e non socios/as. Estableceranse prezos distintos e será imprescindible presentar o
carné de socio á hora de comprar o vale. No caso contrario, cobrarase prezo de non socio.
Prezo socio/Prezo non socio: Castañas 0,50 euros/ 1,00 euros. Bolos preñados 1,50 euros / 2,50 euros. Agardamos ter un bo día! En caso de choiva, dispoñemos do local social para abeirarnos.

3. Curso de cociña, que comeza o 09.11.2011 ás 16.30 h. Impartido por Ana Díaz, no local social de Trasbar, de 3 días de duración.Prezo inscrición non socio/a: 5,00 euros. Gratis para socios/as.

Exit mobile version