A Aula da Rede CeMIT, do Concello Burela comezará un novo curso de “Iniciación á Informática” o día 23 de novembro comezarase a impartir o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática” co que se dotará, aos participantes, das destrezas necesarias para manexar un computador dun xeito básico. Este curso rematará o 2 de decembro e o seu horario será de 11 a 12:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es