Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula da rede CeMIT en Burela impartirá dous cursos de alfabetización dixital

Nota de prensa
A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 2 CURSOS DE
ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 7 AO 13 DE NOVEMBRO
Burela, 4 de novembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e
Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 2
cursos na vindeira semana.
O día 8 de novembro comezará o curso “Alfabetización dixital: Procesador de Textos” co
que se amosará a crear todo tipo de documentos co procesador de textos libre
“OpenOffice Writer”. Dito curso rematará o día 1 de decembro e o seu horario será de 16 a
17 horas.
O mesmo día 8 de novembro iniciarase o curso “Alfabetización dixital: Uso de Redes
Sociais” co que se amosará o que é unha rede social de Internet e as distintas redes
sociais existentes. Ademais amosarase a crear e empregar unha conta na rede social
“Facebook”. Este curso rematará tamén o 1 de decembro e o seu horario será de 19 a 20
horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para
promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo
potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica,
empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores
dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar
parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden
dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da
páxina web https://cemit.xunta.es/ , ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version