Site icon Crónica3.com A Mariña

O barco museo Reina del Carmen compite con 51 proxectos nos premios Conama á sostibilidade local

Nota de prensa

A AULA MEDIOAMBIENTAL-BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN É O ÚNICO PROXECTO DA PROVINCIA DE LUGO QUE OPTA AO PREMIO CONAMA Á SOSTIBILIDADE LOCAL. OS GAÑADORES COÑECERÁNSE O VINDEIRO 22 DE NOVEMBRO.

Burela, 17 de novembro de 2011. A aula medioambiental-barco museo Reina del Carmen é o único proxecto da provincia de Lugo que opta ao premio Conama á sostibilidade local.

Segundo informa a Concellería de Mar e Medio Ambiente “dos 51 proxectos aceptados á candidatura dos premios Conama á sostibilidade local, tan só dous son de concellos galegos e ambos concurren na modalidade de municipios cun censo de entre 5.000 e 30.000 habitantes”.

Unha vez que pasou a exposición pública dos proxectos agora hai que agardar ao vindeiro martes, 22 de novembro, data na que se fará público o nome dos proxectos merecedores dos premios Conama. Nove votos designarán ao vencedor, oito deles serán emitidos por expertos en desarrollo rural e sostibilidade local e un noveno corresponderá á votación pública do proxecto.

A edil Patricia López agradece “desde a Delegación de Mar e Medio Ambiente o apoio depositado no barco museo Reina del Carmen, que dentro da súa categoría foi o segundo proxecto máis votado dos 34 presentados de todo o territorio español”.

Exit mobile version