Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG gañou as eleccións parciais en CYRGASA e reforza a maioría absoluta no comité desta auxiliar de Alcoa

Nota de prensa

A central nacionalista reforza a maioría absoluta no Comité de Empresa desta auxiliar de Alcoa
A CIG gaña eleccións parciais en CYRGASA

A CIG conseguiu a maioría dos votos en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais parciais celebradas o pasado 15 de novembro. Estaban convocados para este proceso, no que se escollían catro novos delegados para o Comité, os 117 traballadores que conforman o cadro de persoal, dos cales exerceron o seu dereito de voto 82, o que representa unha participación de case un 70%.

O escrutinio deulle á Confederación Intersindical Galega 66 votos, o que supón un 80% de apoios. A candidatura de CCOO, o outro sindicato que participaba nestas eleccións, obtivo 13 votos, o que representa un 15% dos votos.

Traducidos estes votos a delegados, a CIG conseguiu tres dos catro representantes que se escollían neste proceso para o Comité de Empresa, o que sumado aos tres que xa tiña consolida a maioría absoluta que xa tiñan no mesmo.

Os delegados da CIG de Cyrgasa agradecemos a ampla participación e mais o apoio masivo dos traballadores. Estes resultados confirman a nosa liña sindical e ratifican o bo traballo realizado polo noso sindicato.
Resultado das eleccións

Votos % votos Delegados electos TOTAL COMITÉ
CIG 66 80 3 6
CCOO 13 15 1 3
Brancos 2
nulos 1
Total 82 100 4 9

Participación: 70%.

Exit mobile version