Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG repartirá dípticos polas empresas no Día contra a violencia de xénero

Nota de prensa

No día contra a VIOLENCIA DE XENERO (25 de novembro) desde a Secretaria da Muller da CIG, reiteramos o noso compromiso na loita contra a violencia de xénero, e facémolo a través da formulación dunha denuncia pública das distintas formas de violencia que seguimos a sufrir as mulleres en todos os ámbitos,

As solucións que os distintos gobernos están a por en marcha, reducindo salarios, facilitando o despidiemento nas empresas e recortando prestacións sociais e laborais afectan de xeito singular ás mulleres, contribuíndo asi ao aumento da violencia de xénero.

Por iso desde a CIG presentamos a campaña

“A CRISE XERA MAIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”

Con esta campaña, o que se pretende facer visibel, é que a violencia non só medra dentro da estrutura familiar, senón que esta salpica ao mundo do traballo.

A actual crise perpetúa e agudiza a nosa presenza secundaria e sobreexplotada no mercado de traballo, supostamente xustifícase, pola nosa responsabiliadade nos coidados da xente que nos rodea. As respostas do goberno central e galego, non só se amosan indiferentes a reverter esta tendencia, senon que devolven certas tarefas reproductivas, que foran asumidas polo estado, ás mulleres, situandonos unha vez mais fora do mercado laboral.

Por todo isto temos que seguir loitando, por un emprego digno, unos salarios xustos, por unhos servizos públicos, por un modelo novo xusto e solidario, por unhas políticas de prevención e actuación fronte á violencia de xenero. Non podemos que a crise xere mais violencia contra as mulleres.

Mañá venres dia 25 de novmebro haberá concentración en todalas comarcas do país.

Aquí na Mariña faremos un reparto de dípticos polas empresas.

Exit mobile version