Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellaría de Igualdade e o CIM de Ribadeo organizan un nova ruta dos Domingos a pé

Nota de prensa:
A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E O CIM REPITEN UNHA NOVA RUTA DOS DOMINGOS A PÉ. SERÁ O 6 DE NOVEMBRO A SAN CIBRAO. AS INTERESADAS PODEN ANOTARSE XA.

Ribadeo, 2 de novembro de 2011. A Concellaría de Igualdade e máis o Centro de Información ás Mulleres repiten unha nova ruta dos Domingos a Pé. Será o 6 de novembro a San Cibrao.

Segundo lembran desde o CIM “os Domingos a pé é unha actividade anual que ven realizándose todas as primaveras. Os Domingos a pé son unas rutas dirixidas ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo ailladas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou triple xornada laboral. Ademais, de poder desfrutar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercizo físico”.

Ante as demandas das mulleres, a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, volta a ofertar os Domingos a pé para o outono. Foron inaugurados o pasado 23 de outubro, cunha ruta ao concello asturiano de Castropol e este domingo toca outra, a San Cibrao (no concello galego de Cervo).

Desde o CIM explican que “o día 6 de novembro, sairemos ás 11:00 horas da estación de Feve e regrasaremos no tren que chega aquí arredor das 18.00 horas. Hai que levar a comida e pagar o billete do tren. Como ven sendo habitual, contaremos coa colaboración de Teresa Díaz, para guiarnos nas rutas. Teresa é membra da Directiva da Asociación Pena Tallada, e ten investigado todas as rutas da nosa contorna, que podedes atopar no seu blogue: http://teresaderibadeo.blogaliza.org”. As mulleres interesadas en participar na ruta deben anotarse no Centro de Información ás Mulleres sito no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, chamando ao teléfono 982.120.739 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo cim@ribadeo.org. “Tamén podedes aparecer directamente o domingo na estación de tren, xa que ao non haber limitacións de prazas, non importaría!!”, sinalan desde o CIM.

Exit mobile version