
A Concelleira de Medio Ambiente de Burela está a promocionar o proxecto do barco museo Reina del Carmen para o premio Conama nos institutos da vila. As monitoras de Gaia estanse a achegar aos centros cun ordenador e estanlle a explicar ao alumnado en qué consiste o proxecto e como poden facer para votar. Nas últimas horas estiveron no Monte Castelo e mañá venres estarán no Perdouro.