Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Cultura do concello de Foz programou unha ampla variedade de actividades

Nota de prensa

A DELEGACIÓN DE CULTURA DO CONCELLO DE FOZ INFORMA DAS SEGUINTES ACTIVIDADES

– RAIÑA/REI ENTROIDO 2012

Ábrese o praza para a presentación de candidatas/os a RAIÑA/REI DO ENTROIDO 2012.

Os/as interesados deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Ter 18 anos ou mais.

– Presentar na Casa da Cultura a seguinte documentación:

– Datos persoais

– 2 ou mais fotografias recentes.

– Contar brevemente porqué lle gustaría ser Raiña ou Rei de Entroido.

Toda esta documentación deberá entregarse antes do 27 de novembro.

– CURSO DE BAILE DE SALÓN

A Escola de Baile “GOLDANCE” en colaboración coa Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un curso de BAILES DE SALÓN para nenos e adultos.

Os interesados poderán acudir á xuntanza que terá lugar na Sala Bahía de foz o domingo 5 de novembro ás 12:00 h. ou chamar aos teléfonos: 620770388 / 680725978.

-TEATRO INFANTIL- SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 H. NA SALA BAHÍA DE FOZ

Especial Infantil- MAGO RAFA- “ A ARTE DO IMPOSIBLE”

Un espectáculo donde se mesturan as diferentes pólas do ilusionismo, maxia de cerca, maxia musical, mentalismo, escapismo… Pantalla xigante donde Rafa representa vários xogos dos magos mais representativos do panorama mundial como Juan Tamariz ou René Lavand.

Produciuse un cambio na programación infantil que queda como sigue:

– SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO—MAGO RAFA- Espectáculo de maxia.

– SÁBADO, 3 DE DECEMBRO— SARABELA TEATRO “Konrad, o neno que chegou nunha lata de conservas”.

– MARTES, 27 DE DECEMBRO—- TEATRO DO NOROESTE. “PIRATAS

Exit mobile version