Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación ofrece as derradeiras prazas subvencionadas nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei para decembro

Nota de prensa:
A Deputación ofrece as derradeiras prazas subvencionadas nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei para decembro

– O organismo provincial abre o prazo de inscrición das 385 localidades que todos os lucenses maiores de 50 anos poden solicitar chamando ó teléfono 982-260-075

– O programa da institución “Saúde e Benestar no Camiño” ofrece desconto de 40 euros por persoa, facilitando o acceso ós tratamentos termais e potenciando o turismo interior

– A Deputación pon fin o vindeiro mes a esta iniciativa que reactiva a economía, fixa poboación e reivindica o Camiño coa participación dos 4 balnearios lugueses que xeran 7 millóns de euros ó ano e dan emprego directo a máis de 200 persoas na provincia

A Deputación abre o prazo de solicitude de 385 prazas subvencionadas nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei para o mes de decembro. Son as derradeiras localidades que ofrece a institución ós lucenses maiores de 50 anos mediante “Saúde e Benestar no Camiño”, o programa que facilita o acceso ós tratamentos termais existentes en Lugo, como unha alternativa de saúde que mellore a calidade de vida, potenciando o turismo interior. Todos os interesados poder facerse cunha localidade chamando ó teléfono 982-260-075. As prazas para o establecemento da capital atópanse esgotadas.

O programa “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago” ofrece descontos de 40 euros por persoa nos seguintes paquetes acordados cos balnearios:

6 días con 5 noites de estancia
5 pensións completas con comidas e ceas incluídas
día de entrada domingo: cea e aloxamento
día de saída venres: almorzo e xantar
2 técnicas de balneario durante 4 días
1 recoñecemento médico
programa de animación sociocultural de luns a xoves, ámbolos dous días incluídos

Exit mobile version