Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña burelista A Pataca Naranxa inicia a campaña de recollida de xoguetes xunta á Cruz Vermella

Nota de prensa:
A PATACA NARANXA INICIA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES XUNTO Á CRUZ VERMELLA

Un ano máis, e xa van oito, a peña burelista A Pataca Naranxa iniciou a campaña “Un xoguete, unha ilusión”, xunto á Cruz Vermella, para axudar a que todos os nenos e nenas poidan gozar do encanto do Nadal.

Ata o 20 de decembro, todas as persoas interesadas poderán depositar os seus agasallos no pavillón Vista Alegre, de luns a venres pola tarde, coincidindo coa apertura das instalacións deportivas para os diferentes adestramentos, e nos partidos do equipo sénior masculino na casa, o 6 (Copa do Rei, Autos Lobelle) e o 17 de decembro (UPV Maristas Valencia).

A Pataca Naranxa tamén manterá o servizo de recollida a domicilio, co que comezou hai xa dous anos. Poderase concertar a través do número de teléfono da peña, 607 74 87 86.

Exit mobile version