Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista San Miguel organiza un concurso de postales de Nadal con seis premios especiais

Nota de prensa

A Peña Barcelonista San Miguel organiza un concurso de postales de Nadal.
Nesta ocasión será a 2ª edición, na que pensan supera-la participación do ano pasado.
Por parte da peña, están traballando para poder conseguir a lo menos un obsequio para todo-los participantes, xa que pensan que hai que premiar o esforzo e o traballos de todo. Xa contan coa colaboración de “Diario Sport”, “Gadisa”, “Deputación de Lugo a través de D. Antón Veiga”, “La Caixa – Oficina de Ribadeo”.
Por outra banda, tamén teñen seis premios especiais para os gañadores das correspondentes categorías.
As bases de participación son:

– Poderán participar nen@s de 0 a 99 anos.
– O tema da postal, será o Nadal.
– As postais serán en cartulina en tamaño A5 (medio folio A4).
– Os debuxos poden ser en cor ou branco e negro, empregando calquer estilo de pintura (lápiz, rotulador, acuarela, …), sempre que sexan feitos á man.
– As obras non deben levar ningunha reseña pola sua parte dianteira. Irán cos datos do autor pola parte traseira (Nome e apelidos, dirección, correo electrónico, escola, teléfono de contacto, curso escolar e idade).
– Os debuxos deberán ser remitidos á Peña Barcelonista San Miguel (Souto nº 66 – 27793 San Miguel de Reinante – Lugo) antes do día 15 de decembro. En caso de escolas e centros contactar por teléfono e pasaremos a recoller.
– Só se admitirá unha obra por participante.
– O día 17 de decembro haberá unha exposición con toda-las obras, no comedor da Escola Pública de San Miguel de Reinante (Lugo), de 16.00 h. a 18.00 h. Nese intre se proclamarán os vencedores nas 6 categorías:
Nacidos 2.008 a 2.006 – Nacidos de 2.005 a 2.003 – Nacidos de 2.002 a 2.000 – Nacidos de 1.999 a 1.996 – Nacidos antes de 1.996 – Mellor postal barcelonista.
– Todo-los participantes recibirán un agasallo. Premio especial para os gañadores.
– A Peña Barcelonista San Miguel, reservase o dereito de reproducción das obras participantes, así como poderá empregalas en futuros actos que ésta celebre, reservándose todo-los dereitos sobre as mesmas.
– O xurado estará composto por:Mª Carmen Díaz Novo (artista local), Enrique Penabad (Profesor e Director de escola), Antonio García (Profesor de escola e artista local)

Exit mobile version