Site icon Crónica3.com A Mariña

A tarde desagradable, con fortes choivas e a dificultade do campo non impediu a tirada de bolos de O Cruceiro

NOTA DE PRENSA

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 5ª  TIRADA

(Centro Social O Cruceiro – Sábado, 5 novembro 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  O CRUCEIRO (5 NOVEMBRO 2011  ) 30  INSCRITOS:   19  NA LIGA SENIOR,    4  NA LIGA SUB 16  E     7  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 192 12
SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA 183 10
TERCEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 183 8
CUARTO AUGUSTO ALBO OCAMPO 178 7
QUINTO JORDI MEITÍN SERANTES 160 6
SEXTO JOSE VIGO LAGE 141 5
SÉTIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 125 4
OITAVO MODESTO ALBO VIDAL 109 3
NOVENO ARTURO VIGO CORA 105 2
DÉCIMO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 89 1
MELLOR BOLADA FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 76 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 28 6
SEGUNDO LARA RODRÍGUEZ BAÑO 24 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 15 3
CUARTO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 0 2
QUINTO 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 28 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 36 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 21 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 13 3
CUARTO SALOMÉ  BERMÚDEZ  BEN 3 2
QUINTO CARMEN ROCA CORRAL 0 1
MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROCUO 21 1

-Tarde moi desagradable, con fortes choivas, o que fixo que a participación, en especial a Sub 16, se resentise, xa que só contamos con 4 participantes. 30 inscritos: 21 na Liga Senior Masculina, 7 na liga SEnior Femenina e 4 na Liga Sub 16.

Antes de pasar a falar de cada unha das Ligas, temos que decir que o campo no que se xogou esta semana é bastante especial, xa que se trata, con moito, do campo máis difícil de todo o campeonato. É un campo cunha importante inclinación, que dende o lugar da tirada vai en costa arriba, o que fai que as cucadas normalmente sexan numerosísimas, especialmente nas Ligas Sub 16 e Senior Feminina, pero tamén na Liga Senior Masculina. Por poner un exemplo, o líder ata a semana pasada da Liga Sub 16, Daniel López, cucou as tres tiradas, non conseguindo facer ningún tanto.

Liga Senior Masculina.- Victoria moi meritoria de Marcelino Rodríguez con 192 tantos, un gran tanteo tratándose do campo de O Cruceiro. Encabeza a clasificación o incombustible Arturo Vigo, quen gracias ao segundo posto acadado dispárase na clasificación con 47 puntos,  21 máis que Luis Rancaño, o cal, como xa dixemos a semana pasada vai estar as vindeiras semanas no dique seco por unha lesión. En terceira posición temos a Francisco Pérez con 25 puntos, quen gracias aos puntos da terceira posición ascended ende a 5ª posición. Sigue a clasificación con Ginés Rodríguez en 4ª posición e 20 puntos e José Rafael González quinto con 19 puntos.

Liga Senior Feminina.- Nova victoria sorpresa nesta categoría, neste caso a cargo de Carmen Martínez, xogadora máis veterana do campeonato e muller do xogador máis veterano (Modesto Albo). Debido á norma aprobada no Centro Social de Lago pola que ás xogadoras maiores de 70 anos se lles permite a “cucada”, Carmen foi capaz de irse ao 36 tantos e gañar. Como decíamos ao comezo desta nota,  o campo estaba tan difícil que a líder ata esta semana Carmen Corral non foi capaz siquer de facer ningún tanto, xa que “cucou” as tres tiradas. Se obtivo o quinto posto foi porque lle gañou o desempate a outras xogadoras que tampouco conseguiron facer ningún tanto nas tiradas. A segunda posición de Belén Meitín máis a bolada, permítenlle acceder ao liderato con 22 puntos, relegando a Carmen Roca á segunda posición con 21, seguidas a bastante distancia por Salomé Bermúdez e Dolores Baño con 10 puntos.

Liga Sub 16.- Esta vez foi Salomé Cardoso, a vixente campiona, quen logrou gañar a tirada, o que fai que  con 18 puntos se achegue aos dous primeiros clasificados. Encabeza en solitario Isaias Cardoso con 21 puntos, un máis que Daniel López.

A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE A VARA NA PARROQUIA DE XUANCES, O VINDEIRO SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO DE 2011.

Exit mobile version