Site icon Crónica3.com A Mariña

A última charla da AVV O Tesón de Ribadeo tratou sobre os hábitos de vida saudable

Nota de prensa:
O pasado venres 28 de outubro tivo lugar na Casa das Letras a última das charlas do ciclo Ribadeo e … a saúde, organizadas pola AVV O Tesón. Nela, Mar González Méndez, ATS do centro de atención primaria, falou sobre Promoción de hábitos de vida saúdable na poboación.

Os eixos da charla foron a saúde como proceso contínuo e a educación para a saúde, abordando temas colaterais como o estilo de vida saudable e a influenza do entorno, de que enfermamos en Galicia, as melloras de calidade de vida que supoñen o aproveitamento adecuado do tempo libre e a socialización, ou a cuantificación do que suòn o sistema de saúde na saúde dos cidadáns. Destacou, en relación a esto último, que porcentualmente, a saúde depende máis do xeito de vida que do sistema sanitario, e que por cada euro invertido en prevención, en mellorar o estilo de vida, por exemplo, en facer exercicio, aforrábanse máis de tres de inversión no sistema de saúde, o que facilitou un intercambio posterior no que saiu a relocer o impacto da crise, a presión asistencial ou a reducción de recursos que está a sufrir a sanidade pública ou o desaproveitamento do persoal ó asignarlle tarefas inadecuadas. Do mesmo xeito, rematou saíndo no turno de preguntas o cambio de mentalidade que supón ter cantidade de información médica en internet ou o xeito de maquillaxe das listas de espera.

A AVV O Tesón fai un balance positivo deste ciclo de charlas, se ben estima que non se chegou a boa parte do público potencialmente interesado nelas.

Exit mobile version