Site icon Crónica3.com A Mariña

A web Fazouro.com financiará un concurso de Nadal para nenos vendendo postais

Nota de prensa:

Gustaríanos celebrar un concurso de Nadal para os nenos da parroquia. Para poder levalo a cabo necesitamos conseguir diñeiro para poder comprar os premios. Como ben sabedes, somos unha organización sen ánimo de lucro e que non dispón de ningún tipo de subvención nin axuda. Polo tanto, temos que buscar financiamento para o que organizamos mediante algo chamado “imaxinación”.

Nesta ocasión, para poder celebrar o concurso ocorréusenos vender unha postal de Nadal de Fazouro botando man das fotografías do Concurso que celebramos o mes pasado. O prezo das postal será de 3€-2€ (dependerá do número de postais que vendamos). Cada postal a nós sáenos sobre 1€ e os outros 2€ irán destinados aos premios do Concurso dos nenos.

POSTAL NADAL 2011-2012

PREZO: 3€-2€ (depende do número de postais que nos encarguedes)

PARA RESERVAR A TÚA POSTAL: www.facebook.com/fazouro ou enviando un mail a fazouro@fazouro.com

DATA LIMITE DE RESERVAS: 13 de novembro de 2011

Características da postal:

– TAMAÑO: 110 * 158 mm

– GRAMAXE: 300gr

– INTERIOR: Branco e negro. Posibilidade de escribir na postal.

– TRASEIRA: vai en branco e en pequeno aparece a dirección da nosa web.

– O TEXTO que aparece no interior das postais é: Felices festas e os mellores desexos para o novo ano!

Exit mobile version