
A páxina web www.fazouro.com comeza a venda dunha postal de Nadal para financiar un Concurso de Nadal para nenos. O prezo da postal é de 2 euros, que irán destinados integramente a mercar premios para entregar aos gañadores e participantes no concurso. Para mercar a postal simplemente hai que enviar un mail a fazouro@fazouro.com. Toda a información sobre o Concurso Infantil de Nadal aparecerá publicada na web www.fazouro.com nos vindeiros días.