Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta directiva da Federación Galega de Vela reúnese no Club Náutico de Ribadeo

Nota de prensa

AS INSTALACIÓNS DO CLUB NÁUTICO DE RIBADEO SERÁN ESCENARIO O VINDEIRO VENRES, 11 DE NOVEMBRO, DO ENCONTRO QUE MANTERÁ A XUNTA DIRECTIVA DA FEDERACIÓN GALEGA DE VELA, DA QUE MARIO COTO É VICEPRESIDENTE SEGUNDO.

Ribadeo, 9 de novembro de 2011. As instalacións do Club Náutico de Ribadeo serán escenario o vindeiro venres, 11 de novembro, do encontro que manterá a xunta directiva da Federación Galega de Vela. Será a partires das 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda. Mario Coto, o presidente do CNR, é vicepresidente segundo da devandita Federación.

Coto explicou esta mañá que “a xunta directiva está a traballar para que o CNR siga a facer moitas cousas. Esta xuntanza é unha máis. Eu son vicepresidente segundo da Federación Galega de Vela, porque así o quixeron os seus compoñentes, e Pedro Peña, o vicepresidente do CNR, é vocal tamén nesa Federación e entón a nosa presencia alí fáise notar. Nós temos inquitude no que se fai desde a Federación Galega de Vela, asistimos ás distintas xuntanzas que se celebran en Vigo e reivindicamos certas cousas, e unha delas foi que unha das reunións da directiva se celebrase na costa de Lugo, pensóuse automáticamente en Ribadeo e eso é o que imos facer”. O presidente do Club Náutico de Ribadeo dixo que “se aprobarán as actas de sesións anteriores, explicaránse as actividades previstas, etc. A data elexida foi o 11 de novembro. Están citados tamén os presidentes dos Clubs Náuticos de Viveiro, San Cibrao, Burela, Foz… para falarmos da nosa situación. Eles dícenme que nós lles levamos ventaxa porque somos un club náutico grande, pero temos que mezclarnos uns cos outros os grandes cos pequenos e viceversa para sacar conclusións e coñecer as opinións de todos. Ademáis podemos ver a posibilidade de organizar, por exemplo, unha regata para promocionar os nosos portos e todas estas instalacións nunha data que sexa boa para todos, porque todos temos eventos na semana santa ou no verán”.

Mario Coto subliñou que “o Club Náutico de Ribadeo seguirá a traballar para estar en alza e no candelero, tal e como me dicía hai uns días algún dos nosos socios”.

Exit mobile version