Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz organiza a festa da cervexa coa participación de 35 establecementos hostaleiros

Nota de prensa

TODO ESTÁ LISTO EN FOZ PARA A CELEBRACIÓN DA DECEMBERFEST. TRINTA E CINCO LOCAIS SE DARÁN CITA NESTA FESTA DO 3 AO 11 DO VINDEIRO MES.

Foz, 18 de novembro de 2011. Todo está listo en Foz para a celebración da festa da cervexa. A Decemberfest desenvolveráse do 3 al 11 de decembro en 35 establecementos hostaleiros da vila. Está organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, que pretende “ter alternativas que ofrecerlles aos que nos visitan nesa semana de pontes, que son a antesala do nadal”.

Os bares, mesóns e restaurantes participantes ofrecerán eses días cervexas especiais e algúns produtos típicos da gastronomía alemana coma salchichas. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, subliña que “haberá packs de prezos especiais que incluirán comida e bebida. O que desexamos é que todo o mundo poida disfrutar desta cita a bós prezos”.

Os locais participantes son: A Caracola, A Funcional, A Maseira, A Quinta, A Sexta, A Bolera, Acuario, O Taco, A Dala, Dallas, Happydays, May-Ros, Xoima, Anduriña, O Rincón de Anita, Fina, Internacional, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Namarinos, O Náutico, O Pelolo, O Salao, A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Mar e Portochico.

Ofertas nos hoteis

Os que queiran aproveitar para pasar uns días en Foz disporán de interesantes propostas por parte dos hoteis asociados a ACIA Foz, “hai establecementos que ofrecerán habitacións en pensión completa a partires de 30 euros. O que lle recomendamos á xente é que se dirixan directamente aos hoteis porque cada un terá as súas propias ofertas e propostas que realizarlles”. Paleo engade que “ademáis de vir disfrutar da festa da cervexa tamén se pode aproveitar para coñecer un pouco máis Foz e o resto da comarca da Mariña”.

Paleo convida “a darse unha volta por Foz durante esa semana a probar as suxerencias e os pratos que lles van preparar, acompañados dunha cervexa especial, e a coñecer as maravillas desta zona”.

Exit mobile version