Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz satisfeita polo remate das obras e a apertura da avenida da Mariña o sábado

Nota de prensa

SATISFACCIÓN EN ACIA FOZ POLO REMATE DAS OBRAS DA AVENIDA DA MARIÑA, QUE ABRIRÁ AO TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA.

Foz, 24 de novembro de 2011. Satisfacción na Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz polo remate das obras que se viñeron realizando durante as últimas semanas na Avenida da Mariña, e que ocasionaron unha importante reestructuración no tráfico rodado durante este tempo.

Desde ACIA Foz o seu presidente, José Carlos Paleo, indica que “todo apunta que a Avenida da Mariña quedará aberta ao tráfico o vindeiro sábado, 26 de novembro”. E subliña que “é importante que a rúa se abra canto antes, dado que entramos nunha das épocas máis fortes de venta do ano para o noso o comercio e para o resto de establecementos que estas semanas estiveron a sofrir as molestias ocasionadas polas obras, ao igual que os veciños”. Paleo recoñece que “é inevitable ter perdas cando unha rúa está en obras, pero a reforma realizada era necesaria”.

O presidente da Asociación de Comerciantes de Foz convida “á xente a que se achegue a Foz a darse unha volta, a tomar un viño, a facer as súas compras de nadal e a pasear pola Avenida da Mariña”.

Exit mobile version