Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA de Ribadeo canalizará as alegacións dos socios ás ordenanzas do concello

Nota de prensa:

ACISA CANALIZARÁ AS ALEGACIÓNS QUE PRESENTEN OS SEUS SOCIOS Á MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA PARA A INSTALACIÓN DE TERRAZAS, TOLDOS E OUTROS ELEMENTOS NA VÍA PÚBLICA, APROBADA HAI UNS DÍAS NO CONCELLO DE RIBADEO.

Ribadeo, 15 de novembro de 2011. Os socios de ACISA fixéronlle chegar esta tarde o seu malestar á directiva tras a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público con elementos de finalidade lucrativa, aprobada hai uns días polo Concello de Ribadeo. Dita normativa deroga e substitúe á que actualmente estaba en vigor.

Os afectados quéixanse sobre todo do que cualifican coma “un excesivo incremento dos prezos que deberemos pagar por montar terrazas na vía pública. Hai crise, pero a crise aféctanos a todos, aos hostaleiros, aos comerciantes e aos veciños da zona, por iso non entendemos esta suba tan importante nas taxas que teremos que afrontar dentro dunhas semanas”. Desde ACISA consideran que “o máis lóxico sería aplicar un incremento progresivo dos impostos e non facelo así de golpe”.

Hostaleiros e comerciantes amosaron “o seu medo polo futuro dos sectores aos que representan, xa que á crise que todos estamos a sofrir agora engadímoslle esta suba das taxas que nos aplican desde o Concello” e advertiron que “hostalería e comercio somos o presente e o futuro de Ribadeo e pensamos que a nosa voz debe ser escoitada”.

ACISA canalizará as alegacións que os seus socios decidan plantexar a esta modificación da devandita ordenanza fiscal. Nos seus locais da rúa Viejo Pancho, 12, en horario de 9:30 a 13:30 e de 16 a 20 horas ofrecerán información e tentarán solventar as dúbidas que lles poidan xurdir a hostaleiros e comerciantes, que “son os máis afectados polas novidades que se producen no ámbito da instalación de terrazas ou toldos nos seus locais”.

A Asociación de Comerciantes, Industrais, Autónomos e Servizos de Ribadeo conta na actualidade con máis de 200 socios.

Exit mobile version