Acto de homenaxe pola xubilación a César O Vilalbés
egl
Despois de 40 anos de dilatada carreira profesional percorridos por un bo numero de empresas, o pasado venres os compañeiros de traballo de César “o de Villalba” rendéronlle un máis que merecido homenaxe. Foi a ocasión do re-encontro entre compañeiros (algúns xa xubilados) de recordar aventuras, traballos, abafos, pero tamén moi bos momentos, pois foron moitos anos formando grupo e equipo. Houbo momentos emotivos na entrega de recordos e discursos. Aínda que xa xubilado na súa vida profesional, César continuará cos seus moitos quefaceres en Vilalba aínda que agora terá que compaxinar ese tempo coa atención aos seus netos pequenos.