Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos

Nota de prensa

ADEGA participa na Semana Europea de Prevención de Residuos

Esta semana, do 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos. Esta esta iniciativa nace en Europa para fomentar a concienciación na prevención da produción de residuos, reducir a cantidade dos xerados, prolongar a vida útil e a reutilización dos produtos, evitar e diminuir os efectos nocivos dos residuos no medio e na saúde humana. A semana europea da prevención dos residuos focalizase en dous conceptos da Directiva Marco europea 98/2008/CE sobre residuos: a prevención de residuos e a preparación para a reutilización que son os dous primeiros niveis de prioridade na xerarquía de residuos na nova lei 22/2011 de Residuos e Solos Contaminados. Dende ADEGA organizamos unha serie de actividades tanto para concienciación da poboación en xeral pero sobre todo o que reivindicamos é que a Xunta de Galicia aposte de verdade pola redución, a reutilización e a reciclaxe dos residuos fronte á queima e enterramento que practica SOGAMA.

As actividades organizadas para esta semana son:

-Concurso de ideas para a prevención de residuos: durante esta semana irán aparecendo na nosa web as ideas enviadas, entre todas celebraremos un sorteo dun kit de compostaxe, composteiro, manual e libro. O sorteo será o xoves 24 e a entrega do premio o venres 25.

-Instalación de composteiros en centros de ensino: o mércores 23 instalaremos un composteiro no CEIP Xoaquín Loriga de Lalín. O obxectivo desta actividade é que os alumnos coñezan o funcionamento da compostaxe e o compromiso por parte do centro de compostar os residuos orgánicos nas propias instalacións reducindo a cantidade de residuos que van a para ao contedor municipal.

-Visita a planta de tratamento de residuos do Barbanza: o xoves 24 iremos a iremos a visitar a planta de tratamento de residuos da Mancomunidade do Barbanza. Como exemplo de aproveitamento dos residuos, nesta mancomunidade recóllense os restos orgánicos por separado coa finalidade de transformalos en compost, conseguen unha porcentaxe moi alta de recuperación de envases lixeiros e manteñen un programa de educación ambiental dirixido a escolares e asociacións para incrementar a conciencia da redución e a importancia da correcta separación dos residuos

Exit mobile version